PONTEVEDRA, 24 (EUROPA PRESS)
O condutor dunha motocicleta, de 49 anos de idade, faleceu este xoves ao saírse da vía o seu vehículo e chocar contra un coche aparcado no municipio de Meaño (Pontevedra).
Segundo a información facilitada a Europa Press pola Garda Civil, este sinistro tivo lugar sobre as 7,00 horas deste xoves no quilómetro 2,7 da estrada EP-9305 ao seu paso por Coirón, no municipio de Meaño.
Tras o aviso do sineistro, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia puxeron en marcha un operativo no que avisaron a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e aos membros do GES de Sanxenxo.
Ao lugar do accidente Urxencias Sanitarias de Galicia-061 enviou unha ambulancia de soporte vital avanzado e outra de soporte vital básico para atender a un paciente que faleceu no punto do sinistro, indicaron fontes sanitarias.
Por parte da Garda Civil confirmaron que o condutor falecido, veciño da localidade de Meaño, era o único implicado neste accidente.
- Te recomendamos -